9 de abril de 2026
A actriz, narradora e educadora Chus Álvarez presentou en Lugo Ganapán e Garabato, o seu primeiro conto publicado, editado por Pepa a Loba e ilustrado por El Primo Ramón. A historia dun gato e un can que non saben miañar nin ladrar convida aos máis pequenos a poñerse no lugar dos demais e a descubrir que as diferenzas son o que nos fai únicos.
A obra foi recoñecida pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) entre os destacados de IBBY España 2025.
3 de abril de 2026
Dous libros de Pepa a Loba seleccionados por IBBY España
En 2025 publicamos tan só dous libros: Os nenos porcalláns e Ganapán e Garabato. Que ambos títulos fosen seleccionados por IBBY España para representar a nosa literatura a nivel mundial é unha auténtica honra e, por que non dicilo, unha pasada! Isto só pode seguir motivándonos a continuar polo camiño do bo facer.

24 de marzo de 2026
«Los niños guarros», seleccionado para a 41ª MUEstra dEL Libro Infantil Y Juvenil de Madrid
Los niños guarros foi seleccionado para formar parte da 41.ª edición da Muestra del Libro Infantil y Juvenil de la Comunidad de Madrid, que recolle unha selección de obras publicadas en 2025.
O programa Recomendacións en RadiOleiros fala de Ganapán e Garabato de Chus Álvarez, ilustrado por El Primo Ramón.
La Voz de Galicia publica unha reportaxe sobre Pepa A Loba Editora, o selo editorial de Poio fundado a finais do 2023 por Fátima Martínez e Pablo Rozas, que con apenas catro libros publicados acaba de recibir o seu primeiro recoñecemento internacional: Los niños guarros foi seleccionado entre os mellores títulos do ano pola Fundación Cuatrogatos de Miami.

Pepa a Loba, a editorial que asalta manuscritos para darlles a coñecer
O escritor e poeta Nacho Rubio comenta en Herrera en COPE La Palma a selección de Los niños guarros entre as obras premiadas pola Fundación Cuatrogatos de Miami.
28 de xaneiro de 2026
«los niños guarros», gañador do Premio Fundación Cuatrogatos 2026
É para nós un pracer compartir que Los niños guarros foi seleccionado como un dos 20 gañadores do prestixioso Premio Fundación Cuatrogatos 2026.
O xurado escolleu entre 1.602 libros de 201 editoriais de 16 países. Este recoñecemento, outorgado por un comité de lectores expertos, destaca os títulos polo seu mérito literario e visual.
O libro conquistou ao xurado grazas á súa valente e divertida incursión no mundo das travesuras infantís. Este premio anímanos a seguir publicando historias que desafíen, entreteñan e emocionen.
— Pepa a Loba Editora
30 de xuño de 2025
O programa La ventana de los libros de Cadena SER dedicou un espazo a Los niños guarros, de Nacho Rubio, coa participación do autor.
O programa Hoy por Hoy de Cadena SER fixo referencia ao libro Los niños guarros de Nacho Rubio, do que se leu un dos seus poemas.
La Voz de Galicia publica unha reportaxe sobre a iniciativa solidaria de Pepa a Loba: parte do recadado na prevenda do libro Nas patas de Fido será doado pola editorial á protectora Os Palleiros de Pontevedra.






