9 de abril de 2026

A actriz, narradora e educadora Chus Álvarez presentou en Lugo Ganapán e Garabato, o seu primeiro conto publicado, editado por Pepa a Loba e ilustrado por El Primo Ramón. A historia dun gato e un can que non saben miañar nin ladrar convida aos máis pequenos a poñerse no lugar dos demais e a descubrir que as diferenzas son o que nos fai únicos.

A obra foi recoñecida pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) entre os destacados de IBBY España 2025.

3 de abril de 2026

Dous libros de Pepa a Loba seleccionados por IBBY España

En 2025 publicamos tan só dous libros: Os nenos porcalláns e Ganapán e Garabato. Que ambos títulos fosen seleccionados por IBBY España para representar a nosa literatura a nivel mundial é unha auténtica honra e, por que non dicilo, unha pasada! Isto só pode seguir motivándonos a continuar polo camiño do bo facer.

IBBY España Destacados OEPLI 2025

24 de marzo de 2026

«Los niños guarros», seleccionado para a 41ª MUEstra dEL Libro Infantil Y Juvenil de Madrid

Los niños guarros foi seleccionado para formar parte da 41.ª edición da Muestra del Libro Infantil y Juvenil de la Comunidad de Madrid, que recolle unha selección de obras publicadas en 2025.

27 de febreiro de 2026

O programa Recomendacións en RadiOleiros fala de Ganapán e Garabato de Chus Álvarez, ilustrado por El Primo Ramón.

 

Recomendacións en RadiOleiros: 27 febreiro 2026

1 de febreiro de 2026

La Voz de Galicia publica unha reportaxe sobre Pepa A Loba Editora, o selo editorial de Poio fundado a finais do 2023 por Fátima Martínez e Pablo Rozas, que con apenas catro libros publicados acaba de recibir o seu primeiro recoñecemento internacional: Los niños guarros foi seleccionado entre os mellores títulos do ano pola Fundación Cuatrogatos de Miami.

La Voz de Galicia

Pepa a Loba, a editorial que asalta manuscritos para darlles a coñecer

30 de xaneiro de 2026

O escritor e poeta Nacho Rubio comenta en Herrera en COPE La Palma a selección de Los niños guarros entre as obras premiadas pola Fundación Cuatrogatos de Miami.

28 de xaneiro de 2026

«los niños guarros», gañador do Premio Fundación Cuatrogatos 2026

É para nós un pracer compartir que Los niños guarros foi seleccionado como un dos 20 gañadores do prestixioso Premio Fundación Cuatrogatos 2026.

O xurado escolleu entre 1.602 libros de 201 editoriais de 16 países. Este recoñecemento, outorgado por un comité de lectores expertos, destaca os títulos polo seu mérito literario e visual.

O libro conquistou ao xurado grazas á súa valente e divertida incursión no mundo das travesuras infantís. Este premio anímanos a seguir publicando historias que desafíen, entreteñan e emocionen.

— Pepa a Loba Editora

30 de xuño de 2025

O programa La ventana de los libros de Cadena SER dedicou un espazo a Los niños guarros, de Nacho Rubio, coa participación do autor.

Cadena SER

La ventana de los libros fala de Los niños guarros
30 de xuño de 2025

O programa Hoy por Hoy de Cadena SER fixo referencia ao libro Los niños guarros de Nacho Rubio, do que se leu un dos seus poemas.

Hoy por Hoy - Cadena SER

Hoy por Hoy e Os nenos porcalláns

17 de xullo de 2024

La Voz de Galicia publica unha reportaxe sobre a iniciativa solidaria de Pepa a Loba: parte do recadado na prevenda do libro Nas patas de Fido será doado pola editorial á protectora Os Palleiros de Pontevedra.

La Voz de Galicia

Pepa a Loba e a protectora Os Palleiros