A miña sombra

Un libro-xoia —fondo e soñador— que nos levará a explorar a relación máis íntima que mantemos coa nosa sombra.

Ganapán e Garabato

Ganapán é un can que non sabe ladrar e Garabato é un gato que non sabe miañar.

 

Ambos os dous séntense diferentes e sós. Choran. Pero xuntos atopan unha solución.

 

Un libro ilustrado, amable e enxeñoso, sobre a soidade e sobre como as diferenzas poden crear verdadeiros lazos de amizade.

Os nenos porcalláns

Un poemario irreverente sobre as porcalladas diarias dun grupo de personaxes entrañables.

 

Non apto para as mentes máis melindrosas!

Nas patas de Fido

Un exquisito álbum ilustrado sobre o segredo que Fido agocha nas súas patas.

 

Unha historia cunha linguaxe poética e ilustracións de carácter naturalista que fala do poder da amizade, da fidelidade e do apoio emocional dos cans.

Quen dixo medo?

Un tenro libro ilustrado no que o trivial se volve extraordinario ao aplicarlle a luz e o enfoque axeitados.

 

Unha obra que pon de manifesto a fermosísima relación paterno-filial das personaxes, coa escuridade como fío condutor da historia.

O bosque sobre as ondas

Da nosa editorial amiga, Plantasueños Editorial, herdamos este álbum ilustrado con esencia de lenda, ilustrado a grafito e cunha única tinta de cor verde esperanza, que nos amosa a forza de rexeneración da natureza.