Actualidade
En 2025 publicamos tan só dous libros: Os nenos porcalláns e Ganapán e Garabato. E que sendos títulos fosen seleccionados por IBBY España para representar a nosa literatura a nivel mundial é unha auténtica honra e, por que non dicilo, unha pasada! Isto só pode seguir motivándonos a continuar polo camiño do bo facer.
A nosa novidade máis recente
Un pequeno álbum ilustrado que se vive como unha viaxe íntima de descubrimento persoal.
Pepa a Loba Editora somos unha microeditorial independente de Poio (Pontevedra – España) dedicada á literatura infanto-xuvenil en formato libro-álbum e libro ilustrado.
O nome da editorial reflicte as nosas raíces galegas ao render homenaxe á bandoleira máis famosa de todos os tempos: Pepa a Loba.
Ela é a lenda dun prototipo de muller que ás veces se presenta cruel e sanguinaria e, outras, como arquetipo de bandoleira boa e auxiliadora dos pobres.
Para nós, Pepa a Loba é esa figura imaxinaria que asalta nos camiños aos nenos e nenas para ofrecerlles lecturas e que estas os acompañen para sempre na viaxe das súas vidas.
Porque para a nosa Pepa, «dar de ler como quen dá de beber» é unha das súas máximas.