Antonio Ordóñez «AtOLOnia»

Antonio Ordóñez, coñecido artisticamente como AtOLOnia, naceu en Madrid. De neno facíase chamar Ato, alcume que máis tarde inspiraría o seu nome artístico como unha forma de reconectar co seu mundo interior. Viviu nove anos en Berlín, onde escribía e ilustraba cómics infantís de madrugada mentres traballaba nunha oficina.

 

Coa chegada do seu primeiro fillo, decidiu apostar pola súa paixón e converterse en ilustrador profesional. Na actualidade vive en Castelldefels e está centrado na ilustración infantil, atrevéndose tamén a dar vida ás súas propias historias.

 

Especializado en álbum ilustrado e cómic infantil, apaixónanlle as personaxes que non encaixan nos moldes sociais: frikis con actitude, sensibles e auténticos. O seu estilo inspírase na ilustración infantil de Quentin Blake, así como no cómic e o manga. Amante da acuarela e do debuxo a man, defende a forza do trazo humano en plena era dixital.

Libros no noso catálogo

Por arte de risa (proximamente)