Ángela Castro
«Son ferrolá e “argalleira”. Supoño que iso explica bastante quen son.
Sempre estou inventando, construíndo ou meténdome nalgún proxecto novo. E probablemente iso veña de ter vivido sempre entre dous mundos: enxeñaría naval e historias de meigas, ciencias e letras, datos e intuición.
Gústame construír cousas: unhas flotan, outras teñen código e outras, personaxes.
Publiquei Un robot para la abuela (Editorial Premium, Primeira Mención de Honra do III Premio Internacional de Álbum Ilustrado de Fantasía e Ciencia Ficción Elia Barceló) e Operación Beluga (Editorial A Fin de Cuentos). O meu conto La abuela meteorito foi finalista do premio A todo color, contos contra o racismo e a xenofobia e publicado pola editorial Dorna.
Sigo argallando e escribindo para nenos, mozos e adultos. Espero que ningunha das miñas historias afunda. Por sorte, son ferrolá e sei facer barcos».
