Francesca Aiello

Francesca Aiello nace un día de verán en Catanzaro. Arquitecta de formación, vive e traballa en Madrid, onde estudou primeiro Ilustración e, posteriormente, Gravado e Estampación.

Combina técnicas tradicionais coas posibilidades creativas das ferramentas dixitais, nunha exploración constante do mundo que a rodea. As súas obras foron recoñecidas e expostas en diversas ocasións na prestixiosa Bologna Children’s Book Fair.

Os seus traballos foron publicados e traducidos internacionalmente.