Chus Álvarez

Chus naceu na Coruña a finais dos anos 70 e é unha muller todoterreo: filóloga inglesa, educadora infantil, actriz, mestra de teatro para nenos e nenas, narradora oral e tamén escritora.


Publicou unha obra de teatro infantil en coautoría chamada EntreContos e un poemario para adultos titulado Encender la noche, apagar la luz.


Ademais, como poeta visual, traballa baixo o pseudónimo de Mariaxe Colaxe.


O seu estilo xoguetón pero elegante á hora de escribir, deixa entrever que se trata de alguén que coñece perfectamente o mundo da infancia e o seu gran imaxinario.

Libros no noso catálogo
Ganapán e Garabato (GL)Ganapán y Garabato (ES)