el primo Ramón

El primo Ramón (que máis que primo é case como un irmán para Pepa a Loba) é unha criatura bicéfala formada por Borja López e María Olmo; ambos coruñeses, arquitectos e ilustradores cun estilo moi persoal.

 

Ilustraron historias para o mercado anglosaxón con Henry Holt-Macmillan ou Penguin Random House, ademais de para editoriais doutros países como Auzou (Francia) e Aboca Kids (Italia).

 

O seu traballo recibiu diferentes recoñecementos nos Estados Unidos, como a medalla de prata nos Indies Foreword Awards 2017 ou o primeiro premio nos Midwest Book Awards 2018; ambos pola obra Hedy’s Journey (Ed. Capstone, 2016).

 

En España publicaron dúas obras das que son autores íntegros: o fermosísimo As cousas que importan (Ed. Bululú, 2015) e Novo Mundo: Isabel Zendal na expedición da vacina (Ed. Bululú, 2018).

Libros no noso catálogo
Ganapán e Garabato (GL)Ganapán y Garabato (ES)