Fernando Martínez «Salitre»

«Barcelona era unha cidade con poucas opcións de lecer para un neno nos anos 70. As urbes de entón medraran deseñadas para os coches; e un neno pequeno dispoñía de poucos parques onde xogar ao aire libre. Así que os meus xogos infantís limitábanse a crear historias con indios e vaqueiros de plástico, construír castelos e debuxar, debuxar e debuxar entre as catro paredes da miña casa.

 

En 2006, a editorial Barcanova decidiu darme unha oportunidade ao encomendarme as ilustracións dun libro de texto de Literatura. Logo veu o de Literatura Catalá e, en 2008, o meu primeiro encargo dunha novela xuvenil (Segrest a Bagdad), á que seguiron El Rock & Companyia e L’assassinat del professor de música.

 

Todos estes traballos fixéronme sentir que conseguira un dos meus obxectivos, pero sempre tiven o devezo de publicar un libro infantil. Así foi como, en 2014, ilustrei un libro de microrrelatos para nenos, Pequenos contos para ler nun minuto, escrito pola miña compañeira Mònica Sempere.

 

Anos máis tarde, coñecín a Nacho Rubio, quen me propuxo a idea de dar forma gráfica a un microrrelato seu e convertelo nun álbum ilustrado (O bosque sobre as ondas). Álbum que foi publicado en 2023 por Plantasueños Editorial e que, na actualidade, forma parte do fondo de Pepa a Loba Editora.»

Libros no noso catálogo

El bosc damunt les ones