Marc Taeger
El é Marc Taeger, o xenial artista que coa súa obra ecléctica e desenfadada e coas súas diversas técnicas plásticas engaiola a nenos e maiores.
Marc naceu en Suíza hai uns cantos poucos anos e viviu en diversos países europeos como Italia, Portugal ou Alemaña.
Dende hai tempo, é un veciño máis de Bueu, un fermoso pobo mariñeiro da ría de Pontevedra, onde traballa como ilustrador, deseñador e cartelista para publicidade, prensa e mundo editorial; ademais de impartir cursos e obradoiros de ilustración, así como acompañamento ilustrativo en sesións de contacontos (Debuxando contos, contando debuxos co narrador oral Caxoto ou Dobre extra co músico Paco Nogueiras).
Entre as variadas e numerosas publicacións que figuran no seu currículo, cómpre destacar títulos emblemáticos do catálogo de Kalandraka como A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella, Garbanciño ou O elefante que perdeu o seu ollo.


