Rebeca Luciani

«Chámome Rebeca Luciani, arxentina afincada en España desde hai moitos anos.


Son Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona e traballo como profesora en Artes Plásticas e ilustradora, o que me levou a ser autora de moitos libros publicados ata o de agora tanto en España como no estranxeiro. Ademais, son nai de dous nenos marabillosos e unha namorada da natureza, especialmente das montañas; adoro percorrelas e debuxar nos seus bosques.


O meu traballo recibiu algúns premios e recoñecementos, aínda que o maior premio para min é que, a estas alturas da vida, poida vivir do que xa me gustaba facer cando tiña catro anos: debuxar, debuxar e debuxar».

Libros no noso catálogo