Rita Doallo
Rita Doallo naceu en Ourense un día de moita calor. Dende entón férvelle a cabeza a todas horas e non para de inventar historias para refrescar a mente. Esta graduada en Traballo Social e Educación Social toca a pandeireta, enfádase coas inxustizas e ten dúas crianzas que lle proporcionan boa materia prima para escribir cada día (aínda que eles non o saiban).
Na actualidade traballa nunha casa niño con bebés nunha aldea arrodeada de bosque. Tamén traduce textos de literatura infantil e xuvenil ao galego.
Ten publicados os álbums ilustrados Bigote de tres pelos con Aira editorial e Que enleada coa piada con Canica Books (tamén a súa versión en castelán ¡Vaya lío! Pío Pío).
Resultou gañadora no 2025 do IV Premio Simbad de Literatura Infantil para o recordo e o Alzhéimer coa obra titulada Astralistoria, publicada por Hércules de Ediciones.
Coa obra Por arte de risa (a verdadeira historia da Mona Lisa), proponnos un xogo no que se mesturan o humor, a historia da arte e a autoestima.
Libros no noso catálogo
Por arte de risa (proximamente)
