Sara Casilda

«Marabillada desde pequena polo mundo da animación, a pintura, os contos e libros cheos de historias e debuxos, realistas ou infantís, que me rodeaban… Todo foi clave para que hoxe en día sexa ilustradora.


Cando descubrín que na Escola de Arte de Toledo podería dedicarme a facer os soños realidade, retomei os estudos tras un período no que me sentía perdida. Naquel entón, dedicarse á arte era “algo do que non se pode vivir”. Grazas a Deus, seguín ao meu corazón e, desde entón, cada pasiño neste camiño vai collendo máis sentido.


En 2018, o meu primeiro álbum ilustrado quedou finalista no concurso KeyColours en Bélxica e, a partir dese momento, non deixei de ilustrar un conto tras outro. Tamén en España, nos Estados Unidos e noutros países. Coa CAUSAlidade de que todos eles están profundamente aliñados cos valores que quero transmitir coas miñas obras e onde podo expresar a miña admiración por todo e todos os que me alimentaron/influíron da cultura da arte.


Quero coidar e conectar coa pura esencia universal que somos como seres vivos a través da ollada do neno, dos animais e da natureza. E un punto de maxia e fantasía nunca pode faltar!»

Libros no noso catálogo